top of page

Silleda recibe o ano con música e prepárase para a chegada dos Magos de Oriente

O auditorio Manuel Dopazo acolle hoxe o concerto de Aninovo, e no salón parroquial terá lugar este domingo o concerto das bandas infantís e xuveníl de Silleda en favor de Asanog


Laura Moure/Silleda

O programa de Nadal de Silleda que onte continuou con cine familiar (ca proxección de “Amigos imaginarios”), retómase esta primeira fin de semana coa música como protagonista. Hoxe, sábado día 3, ás 18:00 horas terá lugar no auditorio municipal Manuel

Dopazo o xa tradicional concerto de Aninovo, cas actuacións de todas as agrupacións locais. Así, estarán no escenario a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, o Coro Vales Mahía, o grupo Enredos Teatro e a agrupación de música e baile tradicional Xirandola.

ree

Tamén o domingo día 4, no salón parroquial Santa Eulalia de Silleda, terá lugar o concerto de Reis no que participarán a banda infantil e a banda xuvenil de Silleda, ás 17:30 horas. Esta cita será solidaria con recadación en favor da Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog).

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A música será pois protagonista desta primeira fin de semana do ano, na que Silleda ultima os preparativos para recibir aos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán o municipio na tarde do luns día 5, arracando o percorrido ás 18:00 horas dende a praza Siñor Afranio, unha vez que os Reis sauden dende a Casa do Concello á veciñanza. O percorrido, se o tempo o permite, discorrerá pola rúa Progreso, avenida do Parque, María Colmeiro, Venezuela, Outeiro e rúa Recinto Feiral, chegando ao pavillón César G. Fares onde terá lugar a recepción real con chocolate con churros para todos os

asistentes.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende o Concello de Silleda xa se está a ultimar o operativo da Cabalgata, que inclúe restriccións no tráfico durante o paso da comitiva real. Para unha maior seguridade e vistosidade do percorrido, estánse a colocar bandos apelando á colaboración da veciñanza para evitar estacionar durante o paso da cabalgata nas rúas afectadas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page