top of page

Silleda estudará a recente sentenza sobre Plenoil e lembra que lle ofreceron ubicacións alternativas

O Concello personouse en xuño de 2021 no contencioso que a empresa de gasolineiras iniciou contra a decisión da Xunta de Galicia de non formular declaración de incidencia ambiental


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda estudará cos asesores legais que están a levar o caso o recente fallo xudicial que estima o recurso da firma Plenoil contra a decisión da Xunta de Galicia de non

formular declaración de incidencia ambiental. Se ben é certo que co actual planeamento que data do ano 1981 se permitiría a instalación da gasolineira na parcela de Barrio do Campo, o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que co novo PXOM non tería cabida.


“Imos a estudiar co bufete de abogados que leva o caso este novo fallo, e así mesmo, dende o Concello realizaremos unha valoración exhaustiva da declaración de incidencia de impacto ambiental cando esa se formule”, indica o rexedor.

Do mesmo xeito, Cuiña lamenta que a empresa non accedera á proposta do goberno local de buscar un emplazamento alternativo para a gasolineira. “Non estamos en contra da libre competencia, nin desta instalación en particular, pero tal e como mantivemos dende o principio non nos parece o lugar axeitado para instalar unha estación de servicio”, recalca o mandatario. Neste senso, Manuel Cuiña volve a tender a man á firma para buscar outra

ubicación “como por exemplo o entorno do polígono empresarial Área 33”, engade.


O Concello de Silleda, que segue en contacto cos veciños residentes nas inmediacións da parcela de Barrio do Campo, alegou en xaneiro de 2021 contra a ubicación da gasolineira, aducindo entre outros a proximidade a vivendas.

Un mes despois, en febreiro dese mesmo ano, a Consellería de Medio Ambiente resolveu que non procedía a declaración de incidencia ambiental en base ao informe do Concello de data 14 de xaneiro de 2021 no que se advirtía que o uso solicitado non era complatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda. “Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas e preto doutra estación de servizo”, sinala o rexedor, que xa mantivo varias reunión cos veciños cando a empresa

promotora presentou o proxecto, en outubro de 2019.


Plenoil recurriu a decisión autonómica, nunha demanda na que tamén se personou o Concello de Silleda e os veciños da contorna. Ese recurso deu pé agora a este novo fallo xudicial.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page