Sergio Alba presenta en Antas de Ulla o espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama"
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Será o sábado 3 de xaneiro
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O artista ulloán Sergio Alba, presenta en Antas de Ulla o espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama" Un show no que o pasado, estará moi presente. Será o sábado 3 de xaneiro ás 20 horas na Casa da Cultura.

Publicidade
O show, escrito e dirixido polo artista, lembra entre risas aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor. "Sabemos que é inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor", sinala Alba.
Publicidade
Entradas anticipadas en Antas de Ulla (Ferretería Patao e Café Bar Torino) e no 619 906 206. O evento está organizad polo grupo de teatro de Antas de Ulla en colaboración con este Concello.








Comentarios