top of page

Seis persoas resultan feridas, cinco delas excarceradas, nun accidente entre dous vehículos

Ecos da Comarca/Xeral

Seis persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade, despois de producirse unha colisión entre dous vehículos no termo municipal de Carballo.

ree

O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 20:00 horas, a través do aviso dun smartphone que alertaba de que o seu propietario sufrira un sinistro. Minutos despois, un particular contactou co servizo de emerxencias para informar dun choque grave entre dous coches na estrada AC-418, entre os puntos quilométricos 2 e 3, á altura de Goiáns. Na súa chamada, indicaba a gravidade do accidente e a posibilidade de que houbera persoas atrapadas.


De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron que foi necesario empregar o material de excarceración para liberar a cinco persoas: dúas dun dos vehículos e tres do outro. No total, seis persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital de referencia para recibir atención médica, dúas delas en estado grave.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page