San Xorxe de Aguasantas, en Palas, celebra as súas festas dende hoxe cun completo programa
- ecosdacomarca

- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A parroquia de San Xorxe de Aguasantas, no concello de Palas de Rei, celebra dende hoxe, venres 24 de abril, ata o domingo 26, as súas tradicionais festas na honra a San Xorxe cun programa que combina actos relixiosos e destacadas actuacións musicais ao longo de toda a fin de semana.

A programación arranca hoxe, venres 24 de abril, cunha gran verbena nocturna a cargo do dúo Os Trasnos e da orquestra Marbella, que serán os encargados de animar a primeira xornada festiva.
PUBLICIDADE
O sábado 25 de abril, día grande das celebracións, terá lugar a misa solemne ás 13:00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú coa actuación de Punto Clave. Xa pola noite, continuará a festa cunha nova verbena amenizada pola propia formación Punto Clave e pola orquestra Acordes.
As festas pecharanse o domingo 26 de abril cunha nova misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú longa coa actuación da charanga Era Visto, que porá o broche final a tres intensas xornadas de celebración.
PUBLICIDADE
A organización lembra ademais que haberá campo cuberto con carpa, o que permitirá o desenvolvemento das actividades con maior comodidade para os asistentes, independentemente das condicións meteorolóxicas.
Estas festas contan coa colaboración de numerosos establecementos e empresas da contorna, así como co apoio do Concello de Palas de Rei.









Comentarios