top of page

San Cristovo de Monterroso, unha cita marcada pola devoción e a bendición dos vehículos

Ecos da Comarca/Monterroso

Monterroso celebrou onte unha nova edición de San Cristovo cun desfile moi concorrido, no que participaron numerosos coches, furgonetas, camións, motos e vehículos agrícolas, que recibiron a tradicional bendición tras a misa. Os vehículos mellor engalonados recibiron premios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O desfile estivo amenizado polo grupo de gaitas de Falcatrueiros Monterroso e reuniu a moito público fronte á igrexa de San Miguel. Os vehículos foron bendicidos polo cura, nun acto presidido polo alcalde, Eloy Pérez.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A festa continuou na Área Recreativa da Peneda coa música de Os Charangos de Neda e coas tradicionais comidas familiares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Como anécdota, o Concello destaca que condutora máis nova foi unha nena de sete meses e medio.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page