Laura Moure/Xeral

A natureza ofrécenos elementos espectaculares. Se nos damos unha volta polo rural podemos desfrutar de paisaxes únicas que nos deleitan coas súas múltiples especies de flora e fauna. E nesta época do ano, en outono, os cogumelos nos deixan de sorprendernos. Distintas formas, diferentes tamaños, incontables variedades... non deixan a ninguén indiferente.
Diferentes estudos falan de que hai ao menos 43.000 especies de fungos distintas, aínda que se estima que podería haber máis de 600.000. Algunhas polo seu aspecto conquístanos, pero ollo! Temos que ter moito coidado porque así de bonitas, tamén poden ser velenosas, que incluso, poden provocar a morte.
Entre estas especies de setas que chaman a atención está a da imaxe, que podemos atopar en distintos rincóns das comarcas, Cando nos atopamos con ela sen coñecer absolutamente nada dela... dubidamos de que se trata porque non ten para nada o aspecto habitual dun cogumelo.
O seu nome científico é Clathrus archeri, e é moi coñecido como "dedos do diablo", pero tamén como "seta calamar" ou "estrela vermella". Trátada dun fungo basidiomiceto da familia Phallaceae australiano ou neozelandés e foi descuberto por primeira vez en Europa no ano 1914, en concreto no distrito francés de Saint-Dié-des Vosges. Sospéitase de que chegou a este sitio durante a Primeira Guerra Mundial por medio das esporas fixadas nos cabalos dos soldados australianos e da súa forraxe ou simplemente nas botas dos militares.
Este cogumelo caracterízase por ter un olor nauseabundo a gas ou a carne en descomposición que atraer aos insectos que transportan as esporas. E non é comestible.
Comments