top of page

Sabías que?

Ecos da Comarca/Xeral

Sabías que para ter un animal de compañía pode que teñas que facer un curso formativo?


O anteproxecto de Lei de Protección e Dereitos dos Animais, que abriu o seu prazo de información pública, prohibe a venda en tendas, establece cursos para facilitar unha tenencia responsable e permitirá retirar un animal de compañía ao seu dono se este non garante os seus dereitos e o seu desenvolvemento saudable. Cun réxime sancionador que pode chegar ata os 600.000 euros para as infraccións moi graves, tamén prevé medidas accesorias para os incumprimentos que poden chegar ao comiso do animal e a súa entrega a unha entidade de protección.


O texto inclúe outras novidades en materia de protección animal, como o requisito de que os donos de animais de compañía "superen un curso formativo" que facilite unha "tenencia responsable do animal" e de que subscriban un seguro de responsabilidade civil. Mediante esta formación, preténdese que o propietario desenvolva uns coñecementos básicos "no manexo, coidado e tenencia de animais".


Outros puntos que introduce a nova lexislación son a prohibición de sacrificar animais de compañía, salvo por "razóns sanitarias ou eutanásicas", ou o impedimento de empregalos como reclamo publicitario se non existe autorización previa. Ademais, queda prohibida a súa integración en exposicións de beléns, cabalgatas ou procesións "onde se manteña ao animal de forma antinatural".




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page