“Rueda atropela con Monbus ao estudantado galego”, considera as Xuventudes Socialistas de Galicia
- ecosdacomarca
- 5 oct 2022
- 2 Min. de lectura
Estiveron en Santiago de Compostela recollendo firmas para unha Iniciativa Lexislativa Popular que busca mellorar a conexión interurbana no país
Ecos da Comarca/Xeral
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Santiago de Compostela a campaña “aBUSar nunca foi TRENdencia” onde denuncian o desleixo dos principais servizos de mobilidade no país: o tren e o autobus. Durante a mañá deste martes, a organización socialista moza estiveron recollendo firmas para unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que busca repercutir os beneficios extraordinarios da Xunta en impostos na mellora da conexión interurbana de bus no país, contando coa presenza de Luis Álavarez, o voceiro do PSdeG no Parlamento.

Xurxo Doval, secretario Xeral Nacional, denunciou que “Galiza carece de Xunta. Máis ben hai un holding institucional administrado por Rueda que cumpre cos intereses dos seus accionistas: Domus VI, Luckia, Abanca e agora Monbus ”.
O líder socialista falou de que “o PP premia con rebaixas fiscais e favores a quen atropela os dereitos do estudantado galego. É incomprensible que só Monbus conte cunha bonificación extraordinaria e reciba o 70% das contratacións cando os concellos do país están en pé ante os continuos incumplimentos dos pliegos”.
Luis Álvarez, voceiro do PSdeG no Parlamento, indicou que “esta problemática da mocidade ven derivada da forma de actuar da Xunta de Galicia co transporte metropolitana. É unha cuestión sobre a que debe actuar de forma inmediata, porque as eivas están no día a día e afectan a miles de mozas e mozos”.
Entre as medidas que se recollen na ILP destacan: extensión das bonificacións da Tarxeta Xente Xoven aos menores de 30 anos; compensacións por retrasos; garantía de conexión diaria do rural; e garantía de cumprimento dos pregos de contratación.
Comments