É unha Seat Inca de cor branca, con baca e cos cristais de atrás tintados
Laura Moure/Palas de Rei
Unha furgoneta foi roubada a pasada noite en Palas de Rei, entre as 21:30 e as 6:30 horas. É unha Seat Inca, de cor branca e con matricula 2696-CDT.
O vehículo distínguese facilmente posto que ten baca e os cristais de atrás tintados. Agradecese difusión e calquera persoa que poida facilitiar algún dato ou teña coñecemento de algo que se poñan en contacto coa Garda Civil.

A furgoneta é parecida a esta, pero con baca e cristais de atrás tintados.
Comments