Rouban en Antas de Ulla diverso material por valor duns 1.050 euros
- ecosdacomarca
- 18 may 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Este luns produciuse un roubo no municipio de Antas de Ulla. En concreto, os amigos do alleo leváronse diverso material do lugar de Verín, na parroquia de Peibás, valorado nuns 1.050 euros, tal e como indica o afectado.
A nave onde roubaron e pechadura afectada.
"Roubáronme unha motobomba marca Anova duns 250 euros; un xerador eléctrico de 1.300 vatios marca Pramac de 400 euros e un kit de arreos de cabalos novos sen usar marca Gómez de Arzúa que costan uns 400 euros", explica o afectado. Todo isto foi substraído do interior dunha nave tras forzar a pechadura.
Sen embargo, isto non foi un feito illado, xa que como comenta a vítima, en días pasados tamén merodearon o lugar e desa vez tamén lle roubaron. "Había oito días que xa me entraran, pero non dentro da nave. De alí fóra leváronme unha llanta e uns ferros. Tiveron que ser os mesmos que vixiaron o sitio, mirarían polas fiestras e viron esas cousas", considera o afectado.
Xa presentou denuncia ante a Garda Civil e os axentes xa están investigando tras supervisar o lugar do roubo.
Comments