top of page

Rouban 8.000 euros e xoias a dous anciáns de Palas de Rei facéndose pasar por técnicos da luz

O suceso ocorreu no lugar de Regodeiras, na parroquia de Carteire


Ecos da Comarca/Palas de Rei

As estafas e os roubos facéndose pasar por técnicos da luz son un dos métodos máis frecuentes. Sen ir máis lonxe, este luns roubáronlle 8.000 euros e xoias a unha parella de octoxenarios con problemas de mobilidade da parroquia de Carteire, en Palas de Rei.


Concretamente, o suceso ocorreu no lugar de Regodeiras. Dúas persoas fixéronse pasar por técnicos da luz. Un deles informoulles que lles tiñan que cambiar unha peza do contador da luz para aforrar na factura da electricidade, mentres o outro agardou no vehículo.

Na cociña o home estívolle ensinando a factura da luz e a conta bancaria para saber canto gastaba nela. Despois, o estafador mostroulle a peza que tiña que cambiarlle e díxolle que o custe era de 120 euros.


Ao ver onde gardaban os cartos, mentres a vítima se atopaba na cociña cun dos ladróns, o outro aproveitou o momento para roubar o resto de cartos e levar un maletín con xoias, cuxo valor aínda non se cuantificou.


Veciños aseguran que viron en días pasados o coche que utilizaron os ladróns, un de cor gris, merodeando pola aldea.



A Garda Civil investiga o roubo e alerta de novo á xente para que non se deixe enganar por falsos revisores da luz.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page