top of page

Rouban 13 ovellas e dous cabritos nun prado en Antas de Ulla

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Uns veciños de Antas de Ulla xa puxeron denuncia ante a Garda Civil polo roubo de case todo o seu rabaño: 13 ovellas e dous cabritos.

Foto de arquivo.

O suceso tivo lugar esta semana no lugar do Pazo, na parroquia de A Cervela. Os animais estaban nun prado pacendo. Despois dunhas dúas horas a dona foi a por elas e no lugar só se encontrou cunha cabra, que a deixaran atada ao parir recentemente.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Estiveron mirando polo arredor, preguntaron por zonas próximas, pero non quedou rastro dos animais, polo que consideran que foron roubados. Todas as ovellas estaban preñadas polo que os afectados falan duns 3.000 euros de perdas.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page