Laura Moure/IsmaelRS

A Foliada volveu a Melide con forza. Foi unha fin de semana de actividades que ateigaron as rúas melidenses.
Houbo iniciativas para todos os gustos: artesanía, presentación de libros, pasarrúas con Cabezudos, música variada, obradoiros, xogos populares... e por suposto, non faltaron os Cantos de Taberna. Os gañadores foron OS DO FONDO DA BARRA (A CORUÑA), os segundos clasificados @s pantox@s (A CORUÑA) e os terceiros OS AMIGOS DE TÚA PRIMA (ARZÚA).
E o broche final puxérono est domingo As Tanxugueiras que o deron todo ante un público que encheu o Parque Rosalía de Castro.
Sen dúbida, foi unha Foliada espectacular! Longa vida!
Comments