Restricións de tráfico en Monterroso con motivo do Festival Agrocuir da Ulloa
- ecosdacomarca
- 24 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso informa das restricións no tráfico os vindeiros días 25 e 26 de agosto con motivo da celebración do festival Agrocuir da Ulloa, que organiza a Asociación Agrocuir da Ulloa en colaboración coa administración local, e puntualiza que queda garantido o acceso dos vehículos aos garaxes dos edificios.
Publicidade
Desta maneira:
Queda cortada ao tráfico a Praza do Froito polo que se prohibe o estacionamento dende as 10:00 do venres 25 ata as 6:00 horas do domingo, 27.
Queda cortada ao tráfico O Caracacho polo que se prohibe o estacionamento o día 26 de agosto dende as 8:00 ata as 22:00 horas.
Publicidade
Quedan cortadas ao tráfico as rúas Travesía do Castro, Camiño de Fondevila e o acceso dende a igrexa de Santa Eufemia, polo que se prohibe o estacionamento dende as 8:00 horas do 26 ata as 22:00 horas.
"Desculpen as molestias ocasionadas", sinala o Concello de Monterroso.
תגובות