top of page

Rescate dunha muller que caeu dun tellado a outro dun edificio

Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia informa que hoxe tivo lugar o rescate na Coruña dunha muller que caeu dun tellado a outro dun edificio.

A muller pediu auxilio, tal e como indicou a persoa que a escoitou e chamou decontado ao 112 Galicia. Sucedeu pasadas as dúas desta tarde na Rúa San Diego, no número un. Segundo explicaron os equipos de emerxencias, a muller caeu por unha lumieira dun tellado a outro. 


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para evitar escorregar, quedouse anicada nunha zona seguro debido a que o tellado tiña unha gran pendente. 


Tras o aviso dos xestores do 112 Galicia, acudiron os Bombeiros da Coruña e os medios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page