top of page

Rescate dun condutor en Palas de Rei

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

No municipio de Palas de Rei, tal e como informa o 112 Galicia, rexistrouse esta madrugada unha saída de vía dun turismo na estrada LUP-2901, en Ferreira de Negral. A persoa que viaxaba no interior necesitaba a asistencia dos equipos de emerxencia para saír completamente do vehículo, que estaba envorcado.

Foto de arquivo.

Deste xeito, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención dos Bombeiros de Chantada e dos membros do GES de Friol-P,las, quen, finalmente, asumiron as labores de excarceración, tal e como indica o 112.


Cando puido saír do coche, o ferido recibiu a asistencia médica necesaria e foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cómpre sinalar que este sinistro produciuse ás dúas desta madrugada, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page