Ecos da Comarca/Xeral
Os servizos de emerxencia rescatan o corpo sen vida dun home que foi atopado aboiando na Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. O falecido foi achado na parroquia de Arnois.

O 112 Galicia foi coñecedor deste suceso preto das 18:30 horas, logo de que un particular chamase ao divisar o corpo dun home flotando nun río cando estaba pescando.
Publicidade
Decontado, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Deza, ao GES da Estrada, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada.
Publicidade
Trala súa chegada ao lugar, os servizos de emerxencias conseguiron recuperar do río o corpo do falecido.
Comments