top of page

Rescatado tras caer por un terraplén duns 40 metros co seu coche

Ecos da Comarca/Xeral

Un condutor tivo que ser rescatado hoxe logo de caer co seu coche por un terraplén en Samos. Era o único ocupante.

Foto de arquivo
Foto de arquivo

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O 112 Galicia rexistrou dito accidente arredor das 15:00 horas. O particular que fixo uso do número único de emerxencias indicou que un vehículo caera por unha pendente duns 30 ou 40 metros, no quilómetro 40 da LU-633. Ademais, non vía saír a ningún ocupante do turismo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Unha vez no punto, a dotación de bombeiros indicou que tiveron que excarcerar para, posteriormente, transportar ao ferido ata a ambulancia mediante unha padiola e unha pick up.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page