top of page

Rescatada tras caer a un contedor de lixo

Ecos da Comarca/Xeral

Cae dentro dun contedor de lixo en Soutomaior. O accidente produciuse cando a persoa trataba de recuperar unha pertenza do interior do colector, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Os efectivos de emerxencias tiveron que romper a caixa para poder rescatar a muller, que tiña unha lesión importante nunha perna e lle impedía moverse.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En resumo, unha concatenación de pequenos sucesos, que derivaron nunha situación complexa para a muller, pois, ademais de asistencia médica, necesitou ser rescatada.


Por iso, cando o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos mediante a chamada dun alertador ás tres desta tarde, activouse un operativo, que formaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os efectivos do GES de Mos e os axentes da Garda Civil. Tamén foron informados os Bombeiros do Porriño, pero bastaron os recursos de Mos para facer fronte á situación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha vez fóra do contedor, a persoa recibiu a atención médica necesaria e mesmo sería trasladada ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page