top of page

Remata sen feridos un incendio nunha vivenda en Palas de Rei

O suceso ocorreu de madrugada na parroquia de Merlán

Foto arquivo.

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O 112 Galicia tivo coñecemento esta mañá, ás 5:50 horas, dun incendio nunha vivenda do lugar de Pazo do Monte, na parroquia de Merlán, en Palas de Rei. Por fortuna, ninguén resultou afectado, malia que había varias persoas no interior no momento no que comezaron as chamas.

Para facer fronte a esta situación, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Chantada e os membros do GES de Monterroso.


Ardeu un cuarto na parte alta da casa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page