top of page

Queremos Parcelarias critica o “investimento 0” nos orzamentos da Xunta para os procesos pendentes

Esta asociación de Agolada pedirá reunións con todos os grupos municipais para buscar

unha postura de forza común para as demandas do seu concello


Laura Moure/Agolada

A Asociación Queremos Parcelarias en Agolada está moi decepcionada co tratamento que a Xunta de Galicia vén de facer ao concello de Agolada nos seus orzamentos para o vindeiro ano. Consideramos “inaudito” que nun total orzamentado de 13.257 millóns de euros pola Xunta, non haxa para Agolada máis que os 100.000 euros que cada ano dende o 2012 consigna a Fundación Artesanía de Galicia para a Feira Corazón de Artesanía.

Queremos Parcelarias considera ademas que “o colmo dos incumprimentos da Xunta con noso concello é que logo de anunciar o pasado mes de febrero a reactivación de 3 concentracións parcelarias pendentes en Agolada, nos orzamentos non apareza nin un euro para levar adiante esta promesa”, que fixo nunha visita ao concello a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.


Para Queremos Parcelarias é “inexplicable” que dos 695 millóns de euros de orzamento que ten a Consellería do Medio Rural para 2024, “non haxa nada para un concello rural coma o noso e nomeadamente para as nosas parcelarias pendentes dende fai máis de 20 anos”.

Publicidade

Diante deste “agravio e desprezo” a Agolada, a Asociación Queremos Parcelarias convocará aos tres grupos políticos do concello (PAYJ, PP e BNG), para manter reunións con membros do colectivo e buscar unha postura común de forza de todos os grupos para demandarlle á Xunta investimentos que resposten ás múltiples necesidades do noso concello. Queremos Parcelarias considera que a implicación de todas as forzas políticas locais será fundamental para reclamar xunto coa sociedade civil agoladesa “que a Xunta de Galicia cumpra dunha vez por todas coas demandas e necesidades do noso concello”.


Publicidade

Ademais a asociación voltará a dirixirse á Consellería do Medio Rural para expresar as súas queixas e saber do anuncio feito en febreiro pasado por Inés Santé a respecto da reactivación de 3 das parcelarias pendentes: as de Agra-O Sexo-Val, A Baíña-Berredo-Órrea e Basadre-Eidián-Ramil. Ese mesmo mes publicouse na páxina web da Oficina Virtual de Medio Rural a consulta pública inicial para a posta en marcha destas 3 parcelarias e se abreu un prazo ata o 6 de marzo para a presentación de alegacións e consultas da documentación relativa aos obxectivos a conseguir e os planos. Logo deste anuncio a asociación critica que non tivo noticia alguna da marcha dos procesos, “e agora nos topamos con que os orzamentos da Xunta para 2024 non consignan nin un euro para eles”.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page