top of page

Prorrogase en Galicia o uso de certificado Covid en hospitais e residencias ata o 9 de abril

Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia prorrogará, ata o 9 de abril, a obriga de presentar o certificado Covid de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios. A medida manterase o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica, que se revisa de xeito diario. Así mesmo, seguirán vixentes os límites de comensais nas mesas no ámbito de hostalería (10 no interior e 20 no exterior).

Autor: Ecos da Comarca.

A Xunta de Galicia lembra que o vindeiro luns entran en vigor as directrices consensuadas na estratexia nacional por todas as Comunidades Autónomas referidas á vixilancia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición.

Desde a vindeira semana, a vixilancia da Covid centrarase en persoas e ámbitos vulnerables. Deste xeito, para a poboación xeral elimínanse os illamentos e probas confirmatorias, aínda que se seguen a recomendar medidas de precaución durante 10 días. Os casos positivos deben, ademais, informar aos seus contactos estreitos para que tamén tomen precaucións. Sanidade levará a cabo unha vixilancia específica ás persoas e ámbitos vulnerables de especial vixilancia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page