Prodúcese a rotura de contención dunha balsa na antiga mina do Monte Neme
- ecosdacomarca

- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Axega informa da rotura de contención dunha balsa na antiga mina do Monte Neme en Aviño, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños.

"Non hai persoas afectadas nin vivendas, pero o monte e a estrada de Aviño está interrompida debido ao verquido de escombros", sinala o 112 Galicia.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O Concello de Carballo tamén informou dos feitos. "A rotura dunha galería das antigas minas de Monte Neme vén de provocar un torrente de auga procedente dunha das balsas, na que o nivel baixou aproximadamente tres metros. A Policía Local e Protección Civil de Carballo achegáronse ata o lugar e procederon ao corte do tráfico na pista que comunica o noso concello co de Malpica".
Publicidade
Nestes momentos atópanse na zona o alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros de Obras, Policía e Protección Civil, Luis Lamas, Juan Seoane e Miguel Vales, que se achegaron para comprobar a magnitude da incidencia de primeira man. Daniel Pérez púxose en contacto co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e ofreceulle a colaboración do noso concello para o que poida precisar, dado que os danos concéntranse en territorio malpicán.
Publicidade
"Dada a situación do terreo e a previsión de que siga chovendo nos próximos días, pedímosvos a máxima precaución e que evitedes achegarvos á contorna do monte Neme, tanto pola zona de Malpica coma pola de Carballo", sinalan dende o Concello.








Comentarios