Presentan o novo obradoiro dual de emprego de Palas de Rei, Monterroso e Portomarín
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Dará formación durante un ano a 20 persoas en actividades de xardinería e en promoción turística local e información ao visitante
Ecos da Comarca/A Ulloa
Os concellos de Palas de Rei, Monterroso e de Portomarín, unen esforzos e presentan un proxecto conxunto de obradoiro dual de emprego que dará formación durante un ano a 20 persoas en actividades de xardinería e en promoción turística local e información ao visitante.

Publicidade
A actuación, que financia a Xunta de Galicia, ten un orzamento de 450.000 euros e está destinada a persoas desempregadas que farán prácticas e actuacións en varios puntos de cada un dos tres concellos.
Publicidade
Os alcaldes dos tres concellos respectivamente Pablo Taboada, Eloy Pérez e Pablo Rivas presentaron onte esta acción de inserción laboral que favorece a formación e contratación de vinte mozos e mozas. Unha vez remate o taller poderán ser contratados por empresas da zona cunha duración mínima de tres meses a xornada completa.








Comentarios