Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Esta mañá orixinouse un incendio nunha casa deshabitada no municipio de Antas de Ulla e por sorte, non houbo persoas afectadas. O 112 Galicia foi alertado por un particular escasos minutos das 8:30 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia na chamada indicaban que estaba ardendo unha palleira e que había unha vivenda próxima, pero que non había persoas afectadas. Con estes datos, o 112 Galicia mobilizou ao GES de Monterroso, aos Bombeiros de Chantada e á Garda Civil.
Finalmente, o GES de Monterroso informou a este medio que se trataba realmente dunha vivenda deshabitada e que parte do seu tellado se viu afectado e aínda que se desprazaron ao lugar os Bombeiros xa non fixo falta a súa intervención. Este inmoble está situado en Castro de Amarante.
Comments