O suceso ocorreu este venres na parroquia de Filgueira

Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este venres prendeu lume nunha cheminea dunha vivenda de Palas de Rei. O suceso ocorreu uns minutos antes da unha do mediodía no lugar de O Monte, na parroquia de Filgueira.
Un particular avisou ao 112 Galicia para indicar que lle estaba ardendo a cheminea da súa vivenda, que estaba saíndo bastante fume, pero que non había ninguén afectado e polo tanto, non precisaban de asistencia sanitaria.
O 112 mobilizou ao GES de Monterroso, aos Bombeiros de Chantada, a Protección Civil da localidade e á Garda Civil. "Tempo despois os bombeiros comunicáronos que xa apagaran o lume e que se vira afectada a madeira que conforma a estrutura da cheminea", indica o 112 Galicia.
Comments