Prende lume nunha cheminea en Palas de Rei
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este luns orixinouse un incendio nunha vivenda do municipio de Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado ás 19:06 horas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Tal e como informa o GES de Monterroso tratouse dun lume nunha cheminea dunha vivenda de San Miguel de Coence. "Foi unha cheminea, o tiro colleu moita temperatura. A nosa labor foi apagar a cheminea o estar aínda encendida, baixar a temperatura e revisar o estado de todo o tiro e o tellado. Xa quedou fóra de perigo" sinalou o GES 20: 15 horas.
Publicidade
Ademais do GES, tamén se desprazaron a Garda Civil e Protección Civil Palas.







Comentarios