top of page

Prende lume nunha cheminea dunha vivenda de Palas de Rei

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O suceso tivo lugar esta tarde na parroquia de Filgueira


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta tarde orixinouse un incendio nunha cheminea en Palas de Rei. Un particular alertou ao 112 Galicia ás 16:48 horas onde indicaba que lle ardía a cheminea da súa vivenda. Esta, tal e como informa o 112 Galicia, está situada no lugar de O Monte, na parroquia de Filgueira.


Mobilizáronse aos bombeiros de Chantada, a Protección Civil de Palas, ao GES e a Garda Civil. Non foi necesaria a intervención dos bombeiros porque o lume foi apagado por Protección Civil e polo dono da casa, tal e como apunta o 112. Ademais, non houbo que lamentar feridos nin máis danos materiais.

Foto arquivo.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page