top of page

Prende lume nun cableado xunto a unha vivenda de Palas de Rei

10 feb 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Unha persoa alertou hoxe, sobre 16:30 horas, ao 112 Galicia para avisar de que estaba ardendo un cableado que hai na esquina na súa casa e para evitar que o incendio fose a máis e puidese afectar a súa vivenda. O suceso ocorreu na parroquia de Salaia, no lugar de Vilacoba.

O 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso, a Protección Civil e a Policía Local de Palas de Rei e á Garda Civil. "O lume foi extinguido polo GES e os cables nin sequiera tiñan corriente", indica o 112.


Tamén se alertou á empresa subministradora de electricidade na zona para que comprobase se todo está ben tras o acontecido.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page