top of page

Prende lume no baixo dunha casa do municipio de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Foto de arquivo.

Esta tarde orixinouse un lume nunha casa do municipio de Palas de Rei. O 112 Galicia foi alertado por un particular escasos minutos despois das 16:00 horas. Viuse afectado o baixo da vivenda que foi onde se iniciou o incendio. Por sorte non houbo danos persoais.


Publicidade

"O GES de Friol Palas e Protección Civil desta localidade indicáronos que ardera un conxelador, unha nevera, unha bicicleta e xoguetes e que todo parece indicar que o lume se orixinou no motor do conxelador", informa o 112 Galicia.


Publicidade

Ademais do GES de Friol-Palas e de Protección Civil, o 112 Galicia deu avisou á Garda Civil e aos Bombeiros de Chantada, que estes últimos xa non tiveron que desprazarse. Unha vez no lugar, o GES informou ao 112 que a rápida actuación dos particulares facilitou o control da situación. De feito, malia que o incendio afectara toda a planta baixa do inmoble, ninguén resultou afectado e a súa intervención cinguiuse a refrixerar e ventilar o espazo.


A casa está situada no lugar de A Leboreira, na parroquia palense de Augas Santas.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page