top of page

Piñeiro resolve pagos a clubs bloqueados dende 2021 e mobiliza preto de 37.000 euros para o deporte local

O Goberno local de Cambre desbloquea obrigas correspondentes ás tempadas

2021/2022 e ao exercicio 2022 que permanecían sen aboar


Ecos da Comarca/Xeral

O Concello de Cambre vén de aprobar o recoñecemento e pagamento de obrigas económicas pendentes con entidades deportivas do municipio, resolvendo pagos pendentes correspondentes ás tempadas 2021/2022 no caso do fútbol e ao ano 2022 no caso do baloncesto, que levaban anos bloqueados.


En total, mobilízanse 36.900 euros, nunha actuación impulsada polo Goberno local que

permite desbloquear unha situación herdada e dar cumprimento a compromisos adquiridos con clubs do municipio.

No ámbito do fútbol, destínanse 27.900 euros a través da Asociación de Clubs de Fútbol de Cambre, para a súa distribución entre as entidades beneficiarias:

● Sp. Cambre S.D.C. e R.: 12.000 euros

● Once Caballeros C.F.: 7.500 euros

● Brexo-Lema S.D.: 7.000 euros

● Bribes C.F.: 1.400 euros


Ademais, o Concello aproba o pagamento de 9.000 euros ao Club Baloncesto Cambre, correspondentes ao convenio de promoción desta disciplina durante o ano 2022, unha vez

validada a xustificación presentada pola entidade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, subliña que “estamos a traballar para resolver

situacións que levaban anos sen resposta e para poñer ao día as obrigas do Concello co tecido deportivo do municipio”.


Neste sentido, destaca que “non era de recibo que as entidades deportivas tiveran que esperar anos para cobrar” e engade que “este Goberno está comprometido con cumprir, ordenar e garantir seguridade ás entidades que sosteñen o deporte base no municipio”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

As resolucións aprobadas inclúen o levantamento dos reparos formulados pola intervención municipal, o que permite desbloquear definitivamente os expedientes e proceder ao aboamento das cantidades correspondentes.


Deste xeito, o Concello de Cambre avanza na normalización da súa xestión económica,

reforza o apoio ao deporte e garante o cumprimento efectivo dos compromisos adquiridos coas entidades locais.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page