top of page

Pino clausura as escolas deportivas nas que se matricularon 200 menores este curso

Ximnasia rítmica é a modalidade que contou cun maior número de asistentes


Laura Moure/O Pino

Numeroso público asistiu o pasado venres á clausura das escolas deportivas municipais do Concello de O Pino e das actividades deportivas da ANPA do CPI Camiño de Santiago, que congregaron no pavillón de Reboredo numerosas persoas. As escolas deportivas municipais contaron este ano con 200 menores inscritos nas diferentes disciplinas, sendo a de patinaxe artística a que conta cun maior número de participantes.


As alumnas de máis idade que practican patinaxe foron as encargadas de abrir a xornada

de exhibicións, que tamén se pechou co nivel IV de patinaxe. En total, os e as patinadoras

fixeron seis demostracións das súas habilidades nos diferentes niveis das escolas

deportivas.

Ademais de baloncesto e karate, actividades organizadas pola ANPA, o público asistente

aplaudiu as demostracións de fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno e bádminton

que fixeron os alumnos e alumnas matriculados neste curso.


Ao rematar as exhibicións, todos os nenos e nenas matriculadas nas escolas deportivas que estaban presentes no polideportivo levaron como recordo unha medalla, que lles foron

entregadas polo alcalde, Manuel Taboada, os concelleiros Eva Varela e José Fuentes e pola secretaria da ANPA, Susana Rial.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page