top of page

Pillado un turismo a 146 km/h circulando case ao triple da velocidade permitida

Ecos da Comarca/Xeral

Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra interceptan a un condutor que circulaba a 146 km/h nun tramo limitado a 50. O radar detectou un vehículo circulando con exceso de velocidade na estrada N-640, na localidade de Cuntis.

ree

No tramo da vía onde ocorreron os feitos ten limitada a súa velocidade por sinal específico en 50 quilómetros por hora. Os gardas civís de tráfico lograron deter a marcha do turismo e o seu condutor, un home de 34 anos veciño de Valga, procedendo a investigalo por un suposto delito contra a seguridade viaria; poñendo tales feitos ao dispor da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de garda de Caldas de Reis.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As penas para cumprir por este tipo de delitos poden chegar a ser de prisión e, en todo caso, de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores entre un e catro anos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde a Agrupación de Tráfico faise un chamamento a todos os condutores para concienciarse da importancia que conleva respectar os límites de velocidade, cuxo incumprimento incrementa de maneira moi considerable o risco de producirse un sinistro viario, así como a gravidade das súas consecuencias.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page