Pican as rodas de toda a maquinaria dunha granxa de Palas de Rei cuxos danos superan os 12.000 euros
- ecosdacomarca

- 27 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Unha granxa situada no lugar de A Vacariza, na parroquia palense de Remonde, denuncia actos vandálicos que lle supuxeron importantes perdas. Asegura que lle entraron esta semana dentro das instalacións e lle picaron as rodas de toda a maquinaria que tiña alí dentro. Valora os danos en máis de 12.000 euros.
Pero este non foi un caso illado, xa que algo parecido produciuse hai uns días noutra granxa situada a uns dous quilómetros da anterior onde se atoparon tamén coas rodas dun vehículo, incluída a de reposto, pinchadas.







Comentarios