top of page

Perde a vida un operario tras sufrir unha caída de 10 metros de altura en Santiago

Ecos da Comarca/Xeral

Malia os esforzos do equipo médico, nada puideron facer por salvar a vida do traballador.


Minutos antes das nove desta mañá, o 112 Galicia recibiu un aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por un operativo na estrada da Coruña, N-550, en Santiago, debido a un traballador que caera dunha altura aproximada de 10 metros.

Unha dotación a bordo dunha UVI móbil ía en camiño, pois a persoa estaba en parada cardiorrespiratoria. Malia as manobras de reanimación, nada puideron facer por este traballador. Así, pouco despois, confirmaron o seu falecemento tanto o equipo médico como a patrulla da Policía Nacional, que se desprazou ao lugar dos feitos logo de recibir a chamada do 112.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da Policía Nacional, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, informouse á Policía Local de Santiago.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page