top of page
Foto del escritorecosdacomarca

PECHE PERIMENTRAL EN TODA GALICIA


Toda Galicia quedou en nivel máximo de alerta desde a medianoite do día 27 ata o 17 de febreiro, tal e como anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo o pasado luns. Isto provoca máis limitacións:

__ Peche perimetral de todos os municipios, polo que só será posible a mobilidade por causa xustificada. __ O comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres...) deberá pechar ás 21:30 horas e o comercio non esencial faráo ás 18:00 horas. __ A hostelería volverá baixar a reixa e só se permite o servicio a domicilio. __Os centros comercias pecharán as súas portas as fins de semana. _ Tamén pecharán os museos, bibliotecas e centros destinados a espectáculos. __ Só se permitirán as reunións entre os convivintes. __ Só se poderá practicar deporte de maneira individual e facendo uso da máscara. __ Deberase recorrer ao teletraballo, sempre que sexa posible. __ As universidades, tras a época de exames, retomarán as clases o 8 de febreiro, pero polo menos, ata o 17 de ese mes, estas serán telemáticas. __Queda prohibido comer, fumar e beber na vía pública.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page