Pechada unha das piscinas de Monterroso a causa do reto viral de defecar na auga
- ecosdacomarca

- 11 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
En pleno mes de agosto, con ola de calor e coas instalacións cheas, o Concello de Monterroso viuse hoxe, luns 11 de agosto, na obriga de pechar a piscina grande da Área Recreativa de Monterroso e desaloxar aos bañistas ao aparecer excrementos na auga a primeira hora desta tarde.

Tras detectar a situación e seguindo o protocolo e a normativa sanitaria, o Concello decidiu pechar a instalación para para proceder a una desinfección integral da agua do vaso para evitar calquera tipo de risco sanitario.
Todo apunta a que se trata dun novo caso relacionado co lamentable reto viral de defecar nas piscinas, algo que neste verán obrigou a pechar xa numerosas piscinas municipais, prexudicando ás moitas persoas usuarias e aos concellos.
Publicidade
Desde que se coñeceu o incidente xa se procedeu a hiperclorar a auga para a súa desinfección e realizaranse as análises bacteriolóxicas que permitan descartar por completo a presenza de bacterias que conteñen os excrementos.
Publicidade
Seguindo o protocolo, e salvo novos incidentes, a piscina abrirá mañá con normalidade.
O Concello de Monterroso agradece a colaboración cidadá para rematar con este tipo de condutas absolutamente lamentables, que porá en coñecemento das autoridades pertinentes.








Comentarios