top of page

Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista en Touro o día 26 de decembro

Hai cotas reducidas para aquelas persoas que se inscriban antes do 14


Laura Moure/Touro

A empresa local Patrimonea pechará o ano do seu estreno cunha proposta novedosa: unha San Silvestre sendeirista co seu roteiro Camiños da Historia o domingo 26 de decembro. Unha proposta de ocio saúdable para rematar o ano por todo o alto disfrutando da natureza e o rural.


"A idea de organizar este evento xurdiu de que nestas datas todas as cidades teñen un evento relacionado co deporte para celebrar o peche do ano, sen embargo estas propostas poucas veces teñen lugar en entornos rurais a pesares da potencialidade que ofrecen para programar actividades en enclaves naturais e dunha inmensa beleza. Vai en liña co lema da nosa empresa Amor polo rural", indica Patrimonea que engade que a pesares de que neste caso "é unha proposta da empresa sen apoio institucional", pero que están abertos a organizar roteiros deste tipo para aqueles concellos e entidades que queiran celebrar o fin de ano poñendo en valor a súa contorna.

Darío Rey Suárez, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico. O inicio ten lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorreranse camiños, nun entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga. Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán disfrutar os sendeiristas. O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro. Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón. Este campamento foi descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas.


A fervenza do Batán, o hórreo BIC de Outeiro ou un serradoiro hidráulico serán outros dos puntos de interese que poñerán a guinda a este roteiro de dificultade media. Ao finalizar o roteiro os sendeiristas poderán disfrutar das vistas que ofrece o mirador de Pena sobre un meandro do río Ulla rodeade de bosque autóctono.


O punto de encontro dos participantes será Café-Bar A Peneira en Fonte Díaz ás 9:30 horas. Os interesados en inscribirse a esta ruta atoparán toda a información en https://patrimonea.wordpress.com/, nas redes sociais ou mediante un Whatsapp ao 699 680 217. Hai cotas reducidas para aqueles que se inscriban antes do 14 de decembro.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page