A primeira terá lugar o domingo 8 de agosto e transcurrirá por diferentes
parroquias deste municipio
Laura Moure/Touro
Patrimonea, organización de rutas de sendeirismo e estratexias de posicionamento turístico para entidades públicas e privadas, promove un proxecto de rutas de senderismo guiadas en Touro. A primeira ruta terá lugar o domingo 8 de agosto e transcurrirá por diferentes parroquias do concello tourense.
No itinerario poderase desfrutar dun dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia. Unha ruta deseñada para que os camiñantes poidan gozar coa riqueza paisaxística e patrimonial das terras bañadas pola Ulla. "A característica diferenciadora de Patrimonea con outras empresas que organizan rutas está en que ofrece unha mirada profunda á paisaxe que lle permitirá ao sendeirista coñecer a súa evolución ao longo do tempo a través da historia e a cultura local", indica.
A ruta circular que organiza ten o seu inicio/chegada na igrexa parroquial de San Tirso de Cornado. "Ao longo dos 15 quilómetros (aproximados) disfrutaremos de fermosas fervenzas, impoñentes pazos da idade moderna e de antigas corredoiras que nos retrotraen a outros tempos", apunta a empresa. O itinerario combina os mellores tramos da coñecida ruta PR-G 121 (ruta dos tres ríos) e a PR-G 233 (Fervenza Santa Marta ao río lañas) con outros sendeiros que nos achegarán a diferentes núcleos de poboación.
"Ao rematar a andaina, grazas á colaboración do Pazo de Andeade, poderás coñecer a historia deste ben patrimonial do siglo XVIII, actualmente parada obligatoria para centos de peregrinos do camiño de Santiago".
O prazo de inscripcións estará aberto até o mediodía do venres 6 de agosto e as inscricións poderán formularse a través do correo electrónico patrimoneaulla@gmail.com. Nas súas redes sociais atoparás máis información.
Comments