top of page

Palas pedirá unha axuda ao goberno central polos danos en vías e infraestruturas debido aos temporais

O Concello valora os desperfectos en 146.000 euros


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Danos nunha estrada de Palas de Rei.
Danos nunha estrada de Palas de Rei.

O Concelllo de Palas de Rei presentará unha solicitude de axuda polos danos ocasionados en vías e infraestruturas municipais debido aos últimos temporais de borrascas. As axudas de carácter estatal convocadas polo Goberno de España poderían sufragar ata o 50% dos danos ocasionados.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En concreto, nos vindeiros días este Concello presentará unha solicitude de 146.000 euros, coste estimado dos traballos, que foi elaborada polos técnicos municipais.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os danos das sucesivas borrascas que afectaron a varios lugares do municipio, complementaranse con outros Plans anuais, para recuperar a normalidade nas zonas afectadas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page