Palas obtén unha axuda da Consellería de Cultura para rehabilitar o Mosteiro de Vilar de Donas
- ecosdacomarca

- hace 28 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei obtén unha axuda da Consellería de Cultura para a redacción do Proxecto de Rehabilitación do Mosteiro de Vilar de Donas. O rexedor palense agradece o Conselleiro, José Campos, "a sensibilidade con esta actuación".

Publicidade
Unha vez rematado o documento este será remitido ós organismos correspondentes para as autorizacións sectoriales para ser presentado á próxima convocatoria de Fondos do 2% Cultural, competencia do Ministerio. Esta actuación xa fora incluída polo Goberno de España no Plan Xacobeo 2021/2022 cunha asignación económica que non foi executada por parte do Goberno.
PUBLICIDADE
O rexedor palense procurará tamén financiación tanto da Consellería de Cultura como da Deputación de Lugo para cubrir o resto da financiación.








Comentarios