top of page

Palas homenaxea a Fernando Pensado que foi durante 44 anos médico nesta vila e tamén fora alcalde

O pasado 6 de agosto colgou a bata de médico para desfrutar da xubilación


Laura Moure/Palas de Rei

Os compañeiros das distintas áreas de traballo do Punto de Atención Continuada (PAC) de Palas de Rei rendíronlle un recoñecido homenaxe ao veterano médico de atención primaria Fernando Pensado pola súa xubilación, logo de 47 anos como médico, dos cales, 44 os exerceu como médico de atención primaria en Palas de Rei.

Unha profesión, a medicina, que exerceu continuamente compatibilizandoa, incluso, coa súa actividade en política, en virtude da cal, o levou a ser alcalde de Palas de Rei (1983 a 1985 e 1999 a 2011); deputado provincial (1983 a 1988 e 2003 a 2007); parlamentario autonómico (1985 a 1999) actualmente como concelleiro en Palas de Rei. En 1975 comenzaba a súa traxectoria médica no concello de Aranga (A Coruña), que o levaría, despois de facer o servizo militar, ao concello de Navia de Suarna, para logo, en 1978, comenzar a súa andaina médica en Palas de Rei, pobo, no que se asentou definitivamente.

Prema na imaxe se queres contactar connosco.

Como el declara, a súa finalidade durante todos estes anos foi a de “traballar por e para o ciudadáns”, de aí, que se decantara, en certos períodos temporais, por compatibilizar a medicina coa política, actividade esta última, a que chegou segundo califica por “necesidade” co fin de acadar “avances para o pobo no que te estableces”. Di que para “ser médico hai que ter espíritu de servizo, sobre todo de cara aos demais. Iso é vocacional” e “ser médico de familia, implica unha labor especial de cercanía aos teus pacientes”, que leva implícito un coñecemento e confianza mutua que te implica a “tentar acadar a mellor solución para eles”.


“Palas de Rei ten algo especial, que son os seus habitantes, que fai que a acabes querendo”, recoñece Fernando Pensado.

Dende que Fernando Pensado comenzou en Palas de Rei ata a actualidade, o sistema sanitario mudou significativamente, en consecuencia, os métodos de traballo tamén mudaron, o que redundou nunha maior calidade asistencial e de todo isto, foi testigo o propio doutor, que o pasado 6 de agosto de 2022 colgaba a bata de médico para entrar na etapa de xubilación, deixando unha médica na súa praza que se incorporará a comenzos do 2023, logo dunha baixa maternal, pero tamén recoñecendo, que aínda mantén un estreito contacto cos seus pacientes, tal e como informa o Concello.



Comments

Couldn’t Load Comments
It looks like there was a technical problem. Try reconnecting or refreshing the page.
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page