Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei traballa para acadar fondos Europeos: os coñecidos como “Next Generation”. Neste senso, o alcalde palense, Pablo Taboada, vén de manter, sendas reunións en Madrid con consultores especializados neste tipo de axudas, para ofertar terreos e vantaxes fiscais e de servizos do Concello palense.

Nestes intres, especialmente importantes, onde se están a ultimar os proxectos que optarán a estes Fondos Europeos, o alcalde quere aproveitar esta ocasión para “implantar algunha industria importante no noso concello, que xere novos postos de traballo, que sea sostible e que valorice os nosos recursos“ matizou Pablo Taboada que non desvelou máis detalles sobre as reunións mantidas ata o momento pero engadiu que “pelexaremos porque Palas poida acoller algún proxecto de envergadura. Xa o fixemos no seu momento, coas empresas asentadas ata o de agora e volverémolo a intentar, tentaremos de amosar os nosos atractivos para que algunha empresa nova se instale aquí ou algunha das que están amplíen as súa actividade”. Según a valoración do rexedor palense “estes fondos son moi necesarios para implantar novos proxectos e sería importantísimo que algún deles se instalen no medio rural galego”.
Comments