Palas de Rei e Portomarín unen esforzos para reforzar a recollida de lixo
- ecosdacomarca

- hace 17 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Os Concellos de Palas de Rei e Portomarín unen esforzos para reforzar a recollida de lixo cun novo camión. Ambos municipios recibiron unha axuda da Xunta de Galicia de 140.000 euros a través do FCA.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, agradeceu a Xunta de Galicia a importante aportación para mellorar o servizo nestes dous concellos que teñen importantes picos de poboación na temporada de peregrinaxe e así, desta maneira, “no caso de Palas de Rei, suma un terceiro camión que redundará na mellora da xestión dos residuos que é un servizo básico e importantísimo para dar servizo ós máis de 300.000 peregrinos que pasaron por Palas de Rei no ano 2025 nas dúas rutas (francesa e primitiva) que atravesan o municipio” destacaba o alcalde palense.






Comentarios