top of page

Palas de Rei dispoñerá de oito vivendas de emerxencia

A intención é arrancar o seu funcionamento a finais do ano 2026 ou a principios do 2027


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, aproveitou a Festa dos Maiores, celebrada o pasado venres, para comunicar o inicio dos trámites para que Palas de Rei dispoña de 8 vivendas de emerxencia.

ree

A instalación, que se ubicara no edificio do centro de día, ampliará así a oferta de Servicios Sociais do Municipio que xa conta cun centro de día e cunha Residencia de Maiores con 24 plazas públicas e 30 privadas. Esta nova instalación será xestionada polo Concello directamente e permitirá acoller a persoas válidas que precisan dun servizo cun custe inferior ao dunha residencia.


Nestas vivendas, nas que terán prioridade absoluta os veciños/as de Palas de Rei, tamén, servirán para acoller casos de emerxencia social. As instalacións que só precisan do equipamento, disporán de habitaciones dobres con baño privado e salón comedor privado e compartido. Terán a opción de dispoñer de comidas no propio centro se así o comunican.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así o trasladou o rexedor palense ante preto de 400 persoas, na festa dos maiores. Estas actuaciones terán un custe aproximado de 112.000 euros que aportarán as diferentes Consellerías da Xunta de Galicia, coa intención de arrancar o seu funcionamento a finais do ano 2026 ou primeiros do 2027.


"Estas instalacións, únicas na comarca, cubrirán as necesidades do municipio a un prezo especialmente reducido, pero tamén poderán ser utilizadas por personas dos concellos da comarca", salienta o mandatario.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page