top of page

Palas de Rei conmemora o 8M con teatro, un concurso e xornadas en colexios de distintas localidades

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A programación está previsto que arranque hoxe co despregamento dunha pancarta na fachada principal do Consistorio

O Consistorio palense.


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei conmemorará o Día Internacional da Muller con distintas actividades desde hoxe xoves ata a vindeira semana. Teatro, un certamen ou xornadas cos centros educativos conforman a programación.


Hoxe, xoves, despregarase na fachada principal do Consistorio unha pancarta na que se poderá ler: Día da Muller: Pola igualdade real. Nin máis nin menos. Permanecerá exposta ata o venres día 12.


O domingo, día 7, a Casa da Cultura acollerá a representación teatral A Merliña a cargo de Metátese Teatro. Será de 17:00 a 19:00 horas. Haberá límite de aforo e é necesario reservar previamente a través do teléfono 647 565 182.


E o mércores 9 o protagonista será o Certamen de Tarxetas do Día da Muller. Terá lugar a resolución do concurso A muller e o seu traballo hoxe, que estivo dirixido ao alumnado dos centros educativos de Primaria de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Friol e Guntín.


Ademais, realizaranse as xornadas Coeducando en igualdade. Son xornadas formativas impartidas polo equipo interdisciplinar do Centro de Información á Muller (CIM) de Palas de Rei levadas a cabo nos centros educativos de Primaria e Secundaria dos concellos de Guntín, Antas de Ulla e Palas de Rei.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page