Os servizos de emerxencias traballan, nestes intres, na extinción dunha cerería
- ecosdacomarca

- hace 15 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os servizos de emerxencias traballan, nestes intres, na extinción dunha cerería en Negreira. Non hai persoas afectadas.

Un particular alertou do lume ao 112 Galicia sobre as catro e media desta pasada madrugada. Indicaba que ardía unha fábrica de velas no lugar de Espesedo, en Bugallido, na localidade de Negreira.
Publicidade
A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose en marcha un dispositivo de intervención no que participan os Bombeiros de Santa Comba, de Cee, o GES de Brión, o servizo provincial de incendios e a Garda Civil.
Tamén, aínda que non hai constancia de que houbese persoas feridas, por precaución, informouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como, ao Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, ao persoal do Concello, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Arestora, os medios traballan arreo para evitar a propagación das lapas, que só afecta á fábrica.







Comentarios