top of page

Os servizos de emerxencias sufocan un incendio nun tren

Os Bombeiros de Santiago mostran o seu malestar pola falta de efectivos


Ecos da Comarca/Xeral

Os servizos de emerxencias sufocan un incendio nun tren en Santiago de Compostela. O 112 Galicia tivo constancia deste suceso pouco antes das 22:30 horas da noite de onte. Polo que indicou un alertador, había lume pola parte inferior dun tren baleiro situado na estación de Santiago, sen persoas afectadas.

O incendio na estación. Fonte: Facebook Bombeiros Santiago de Compostela.
O incendio na estación. Fonte: Facebook Bombeiros Santiago de Compostela.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Brión e do de Padrón, ademais da Policía Nacional e da Local. Posteriormente foi preciso avisar tamén ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois unha persoa sufriu queimaduras nas mans e tivo que ser trasladada ata o hospital.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, os servizos de emerxencias lograron extinguir con éxito o lume. Logo de intervir, indicaron que ardera a parte de abaixo do tren e que a parte de dentro e o chan víranse afectados polo fume.


Críticas dos Bombeiros de Santiago

Os Bombeiros de Santiago de Compostela publicaron a través das súas redes as súas queixas pola falta de persoal, xa que onte se produciron ao mesmo tempo dúas alertas, é aí viuse a necesidade de máis efectivos.


"Esta noite o noso parque de bombeiros foi activado para dúas intervencións ao mesmo tempo: Un incendio nun restaurante, con risco de propagación e un vagón de tren ardendo na estación. Con 9 bombeiros por quenda, non é posible atender dúas emerxencias simultaneamente coa seguridade que a cidadanía merece e que nós mesmos necesitamos", lamentan.



Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Mentres unha dotación traballaba no incendio do restaurante, o lume do vagón tivo que ser atendido por outro parque, co inevitable atraso na resposta. Levamos anos solicitando ao Concello o aumento de persoal. Non pedimos privilexios, pedimos seguridade e eficacia para protexer á nosa comunidade. Hoxe non hai que lamentar vítimas mortais…

Pero, temos que agardar a que ese momento chegue para que se actúe?".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page