top of page

Os servizos de emerxencia localizan falecido ao mozo que desapareceu o pasado venres en Palas de Rei

8 jun 2021
1 min de lectura

Deron co corpo, do mozo de 28 anos, sen vida nas proximidades do lugar do Cebral, na parroquia de Aguas Santas


Ecos da Comarca/Palas de Rei/ACTUALIZACIÓN 22:45 HORAS

Os servizos de emerxencia que se atopaban na procura dun mozo que desaparecera o pasado venres en Palas de Rei deron co corpo sen vida da persoa nas proximidades do lugar do Cebral, na parroquia de Aguas Santas. A vítima é de nacionalidade rumana e ten 28 anos.


Así o comunicaban ao 112 Galicia os efectivos do GES de Monterroso, ao fío das seis e cuarto desta tarde. Atopárono nunha charca e non presentaba síntomas aparentes de violencia.


O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do home durante a mañá do sábado e, a partir de aí, activouse un operativo, coordinado pola Garda Civil, no que tamén interviñeron os GES de Monterroso e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.

Un dos novos vehículos de Protección Civil de Palas de Rei.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page